A Especialidade de dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector, do programa PERSOA V, realiza diversas actividades de dinamización en centros de maiores da cidade

Na semana do 23 ao 28 de febreiro, en colaboración có alumnado da especialidade Operacións básicas de restaurante-bar do Obradoiro de Emprego Santiago Impulsa II, o alumnado do itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector, do programa PERSOA V, realizarou diversas actividades de dinamización en diferentes centros de persoas maiores da cidade  aproveitando a celebración do Entroido. Ambolos dous programas desenrólanse polo departamento de Emprego da Concellaría de Economía e Emprego do Concello de Santiago de Compostela.

O curso de  Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector, que se orienta a titulados de especialidades sociais -Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social…-, atende a facultalos a nivel teórico e práctico para una intervención específica con persoas maiores nunha clave comunitaria, sen excluír outros espazos pero privilexiando así o ámbito das asociacións e entidades que fan a estas una proposta de envellecemento activo.

Nese marco o deseño e animación de actividades sociais e de tempo libre que supoñan para as persoas maiores oportunidades de exercico físico e mental, socialización etc. é una dimensión práctica substancial da formación.

As actividades de animación e dinamización leváronse a termo con residentes da Residencia da Porta do Camiño da Secretaría Xeral do Benestar (un obradoiro de cancións tradicionais e outro de máscaras). cos membros da Unión Democrática de Pensionistas, (desenvolveron actividades lúdicas e de coñecemento da tradición popular sobre estas festas) e cós usuarios do  Centro de Maiores da Fundación Caixa Galicia. Finalmente, colaboraron nas actvidades realizadas polas Aulas da Terceira Idade e mais pola Cruz Vermella, estas últimas de carácter inter-xeneracional e dirixidaas pola entidade aos participantes no seus programs de maiores.

O resultado da experiencia foi altamente positivo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.


IMG_6677.JPG (626.35 Kb)

IMG_6672.JPG (652.24 Kb)