A FINAIS DE NOVEMBRO CELEBRARASE O FORO DA INTERMEDIACIÓN E O EMPREGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA #FOROIE2013

Os días 28 e 29 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o “Foro da Intermediación e o Emprego”, un novo evento organizado pola Axencia Local de Colocación no marco do Pacto Local polo Emprego e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes:

- ofrecendo recursos e actividades formativas que faciliten a busca de emprego e contribúan á mellora das competencias.

- establecendo puntos de encontro con responsables de selección das empresas para coñecer os perfís e competencias que demanda o mercado laboral.

- servindo de marco para procesos de selección, previamente concertados, das ofertas de emprego xestionadas pola Axencia. Durante o mes de novembro a Axencia Local de Colocación situará o “Foro da Intermediación e o Emprego” como elemento central da súa actividade, desexando que poida resultar de interese e utilidade para a cidadanía en xeral e, en particular, para as persoas actualmente desempregadas.

Sigue o evento nas redes!

Proximamente irase ampliando a información sobre o “Foro da Intermediación e o Emprego”. A mellor forma de estar ao tanto de todas as novidades é seguindo á Axencia no facebook e no twitter @EmpregoSantiago, sendo o hashtag do evento #FOROIE2013