Accións formativas itinerario de “Especialista en servizos xerais de mantemento e limpeza de centros xerontolóxicos”

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Emprego, ven desenvolvemento dentro do Programa Persoa V as diferentes accións formativas itinerario de “Especialista en servizos xerais de mantemento e limpeza de centros xerontolóxicos” dende o 02 de maio  de 2013.

Dentro de esta especialidade o día 01 de agosto de 2013 rematou a formación do módulo denominado “Limpeza de superficies e mobiliario de edificios” no que participaron coma beneficiarias das accións formativas 15 persoas,  6 homes e 9 mulleres.

O obxectivo xeral deste módulo é que as persoas participantes ao rematar a formación correspondente ao módulo sexan capaces de realizar as tarefas de limpeza e mantemento en Centros xerontolóxicos de superficies e mobiliario seleccionando as técnicas, produtos e máquinas para garantir a súa  hixiene, conservación e mantemento.

Toda a programación formativa deste itinerario, incluído o módulo que ven de rematar están integrados dentro programa PERSOA V posto en marcha polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago. Dito proxecto esta financiado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.