ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NOS DIFERENTES STANDS DO FORO DA INTERMEDIACIÓN LABORAL E O EMPREGO

O Foro da Intermediación e Emprego conta cunha zona de stands na que están representadas as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela e o da propia Axencia Local de Colocación.

Nos stands desenvolvese unha labor de información e orientación, así como diversas actividades relacionadas co emprego e o emprendemento.

Sinalamos a continuación algunhas das actividades previstas nos diferentes stands:

 

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

Día 28 de novembro:

09.30- 11.30 H.- Información xenérica a emprendedores/as.

11:30 - 12.00H.- Coffe-break

12:00 - 13.00 H.-Presentación do estudo.

13:30- 14:00 H.- Información I Premio Camiño do Emprendemento.

16.00- 17.00 H.- Información xenérica a emprendedores/as.

17.00- 18.00 H.- Servizos de intermediación da Cámara de Comercio de Santiago a través da fórmula do autoemprego.

18.00- 19.00 H.- Experiencias emprendedoras. Participarán 3 empresas do Viveiro de empresas:

Innovación Sostenible:

IN&S Comunicación e innovación sostenible.

Consultoría de comunicación, innovación e sostenibilidade  .

Wayna Consultora:

Ofrece servicios de consultoría e formación a todo tipo de entidades desde as súas dúas liñas de negocio: Wayna Igualdade (proxectos que fomentan a igualdade de xénero nas organizacións e na sociedade) e Wayna Soluciones Creativas (potencias e desenvolver a Creatividade & Innovación nas organizacións)

Publitools:

Empresa de publicidade e comunicación que ofrece servizos integrais en internet: xestión de marca, deseño e creación web, community management, deseño gráfico etc.

Día 29 de novembro:

09.30- 11.30 H.- Información xenérica a emprendedores.

11:30 - 12.00H.- Coffe-break

12:00 - 13.00 H.- Servizos de intermediación da Cámara de Comercio de Santiago a través da fórmula do autoemprego

13.00 - 14.00 H.- Experiencias emprendedoras. Participarán dúas empresas do Viveiro:

Coaching 10Xestión do benestar e o potencial humano a través de procesos de formación e coaching.

Galensigna:  Servizos especializados en linguaxe de signos.

Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela

Ademais do labor informativo durante todo o Foro, os días 28 e 29 de 10:00 a 12:00 estarán presentes un/unha profesional e un/unha empresario/a da hostalería para informar sobre o sector a pequenos grupos de persoas interesadas.

UXT

A actividade informativa no stand da Unión Xeral de Traballadores centrarase nas seguintes cuestións: orientación, formación, prevención, autónomos, e comercio electrónico, ademais de presentar a iniciativa “Non te pares actúa”.

Día 28 de novembro:

09:00-10:00 h. Orientación

10:00-11:00 h. Prevención

11:00-12:00 h. Formación

12:00-13:00 h. Orientación

13:00-14:00 h. Autónomos

16:00-17:00 h. Presentación da iniciativa “Non te pares actúa”

17:00-18:00 h. Orientación

18:00-19:00 h. Formación

Día 29 de novembro:

09:00-10:00 h. Formación

10:00-11:00 h. Prevención

12:00-13:00 h. Comercio electrónico

CCOO

Comisións Obreiras informará no seu stand sobre varios seminarios e talleres que se desenvolverán nos días do Foro: “Seminario: A FLC e a Normativa, Acreditación e Formación homologada en Prevención de Riscos Laborais xeral e específica no Sector da Construcción”, “Taller: A operativa na programación, planificación e avaliación dos certificados de profesionalidade” e “Seminario: Certificados de profesionalidade, novidades lexislativas: a  formación online para a certificación e a súa posta en funcionamento”.

Asociación Plataforma polo Emprego

A Asociación Plataforma polo Emprego informará sobre as actividades que desenvolve a través que de varias presentacións durante os días do Foro. Ademais o xoves 28, de 10:30 a 11:30 h., desenvolverase no espazo do stand o relatorio "As cláusulas socias: a súa importancia para as Empresas de Inserción" impartido por Miguel Fernández Blanco, presidente da Plataforma polo Emprego e AEIGA.

USC

No stand da Universidade de Santiago de Compostela realizaranse actividades de orientación laboral con supervisión de curriculums e asesoramento. Ademais darase información sobre programas de bolsas de prácticas da USC e proxectos de cooperativismo.

Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre

A Asociación de Empresarios do Polígono Tambre informará no seu stand sobre os servizos que ofrece a asociación, especialmente no que se refire ao seu servizo de emprego, realizando labores de orientación laboral. Ademais presentarase o informe de conclusións do "Estudo sobre necesidades formativas  e perfís profesionais”. O programa previsto é o seguinte:

XOVES 28 DE NOVEMBRO

10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 

Presentación servizos asociación. Servizo de Emprego

Orientación laboral aos asistentes ao Foro

VENRES 29 DE NOVEMBRO

10:00 a 12:00  Servizo de Emprego.  Orientación laboral aos asistentes ao Foro

12:00 Presentación do informe de Conclusións do "Estudo sobre necesidades formativas  e perfís profesionais"

Xiana Zapata, Xerente de RECURSOS GALICIA, SL

José Manuel Beceiro, Xerente da ASOCIACIÓN AREA EMP. DO TAMBRE

Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela

No stand da Axencia Local de Colocación informarese sobre: os servizos de intermediación que desenvolve a Axencia; a 2ª fase do Proxecto Persoa, que ten o prazo  de presentación de solicitudes aberto ata o 2 de decembro, ou a programación de actividades do Urbana Santiago Norte. Ademais distribuirase un boletín especial de ofertas de emprego.