Acto de entrega de diplomas das accións formativas desenvolvidas dentro do Pacto Local Pólo Emprego de Santiago de Compostela

Este venres, 31 de maio, o salón de actos do CERSIA acolleu o acto de entrega dos diplomas das accións formativa desenvolvidas dentro e Pacto Local polo Emprego.

O alcalde de Santiago, Ángel Currás e a concelleira da Área de Economía e Emprego, Reyes Leis, xunto con Pilar Caridade, xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, e de Jesús Chenel e Jesús Sordo, presidentes da Asociación de Empresarios da Área Empresaríal do Tambre e da Asociación de Restauración de Compostela respectivamente, fixeron entrega dos diplomas, entre os cales estaban os correspondentes ás tres accións formativas que se desenvelveron dentro do Pacto Local Polo Emprego de Santiago de Compostela:

  1. Servizos de Bar e Cafeteria
  2. Operario de Almacén
  3. Competencias Profesionais e Informática Básica.

Participan no Pacto Local pólo Emprego de Santiago as seguintes entidades:

  1. Concellería de Economía, Emprego, Comercio e Turismo (Concello de Santiago de Compostela)
  2. Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
  3. Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre
  4. Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca
  5. Universidade de Santiago de Compostela
  6. Comisións Obreiras
  7. Unión Xeral de Traballadores
  8. Asociación Plataforma polo Emprego