Actuacións

A metodoloxía de intervención é innovadora e transferible a outros procesos formativos, baséase principalmente en cinco eixos:

  • A identidade de xénero
  • Establecemento de itinerarios personalizados de inserción
  • Acompañamento tutorial
  • Aportación de competencias profesionais e transversais
  • Práctica profesional e intermediación laboral

ITINERARIOS FORMATIVOS

A oferta formativa realízase a dous niveles:

1. FORMACIÓN PARA A ESPECIALIZACIÓN

Formación para ampliar a cualificación profesional dos/as técnicos/as cualificados para desenvolver o seu labor no ámbito da atención ás persoas. Ofrecerles un curso de formación teórico - práctico acompañado de prácticas en empresa:

CURSO DE ESPECIALISTA EN DINAMIZACIÓN XERONTOLÓGICA EN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES DE MAIORES E DO TERCEIRO SECTOR

Obxetivos:

  • Dotar ao alumnado de nocións sobre o que é o Terceiro Sector e a súa importancia como elemento de solidaridade cidadá.
  • Impartir contidos de xerontología partindo do que é o envellecemento normal.
  • Prover ao alumnado dunha idea ampla do que ten que ser a intervención con persoas dependentes ou en situación de fraxilidade pola súa situación física, psíquica ou de apoios sociais.

CURSO DE ESPECIALISTA EN RESOLUCIÓN DE CONFLITOS SOCIOEDUCATIVOS

Obxetivos Xerais:

  • Abordar de maneira sistémica - constructiva o orden e os principios que rixen a educación e os sistemas educativos sociais actuais.
  • Facilitar o coñecemento dos diferentes recursos sistémicos para poder intervir nos problemas educativos, sociais e de comunicación que se producen entre alumnos/as, educadores/as, profesores/as, directivos/as, pais e nais e axentes sociais en xeral.

Obxetivos Específicos:

  • Coñecer a pedagoxía sistémica de maneira experimental..
  • Facilitar o coñecemento da orden e os principios que rixen os sistemas educativos, sociais, escolares e directivos actuais.
  • Ensinar aos participantes os recursos sistémicos necesarios para poder intervir en diferentes tipos de situacións conflictivas a nivel educativo, escolar e sociofamiliar.
  • Obter os coñecementos que propicien a prevención de conflitos no marco educativo.

2. FORMACIÓN DE VALIDACIÓN OCUPACIONAL

Referida a formación de colectivos con grandes dificultades de inserción, a través, da capacitación nunha ocupación que posibilite a validación e consideración de aprendizaxes e experiencias previas de carácter profesional ou de uso cotiá. Ofrecerlles un curso de formación teórico - práctico acompañado de prácticas en empresa:

CURSO DE ESPECIALISTA EN SERVIZOS DE CUIDADOS A PERSONAS DEPENDIENTES NO DOMICILIO E EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

Obxetivos:

Capacitar ao alumnado para que poida realizar tarefas de coidado no ámbito socio-sanitario a persoas dependentes no domicilio e en institucións sociais, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo multidisciplinar competente e os procedementos máis acomodados para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.

CURSO DE CONDUTOR/A ESPECIALIZADO EN TRANSPORTE ADAPTADO DE PERSOAS MAiORES E DEPENDENTES

Obxetivos:

Capacitar ao alumnado para a realización de traslados seguros, habida conta as alteracións que a condución pode producir nas persoas maiores e dependentes.

CURSO DE ESPECIALISTA EN SERVIZOS XERAIS DE MANTEMENTO E LIMPEZA DE CENTROS XERONTOLÓGICOS

Obxetivos:

Capacitar ao alumnado para a realización das tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario seleccionando as técnicas, produtos e máquinas que garanticen as condicións de hixiene e conservación necesarios. Tamén se adquirirá a competencia para reparar pequenas averías nos edificios.

Estas accións formativas completaránse coa impartición dos módulos transversais:

  • Alfabetización informática básica
  • Formación en igualdade de xénero
  • Formación en sensibilización ambiental
  • Formación en non discriminación e loita contra a exclusión social

TUTORIZACIÓN SOCIO-LABORAL

  • O servizo de orientación e tutorización socio-laboral encádrase como eixo transversal, ao longo de todo o itinerario personalizado de inserción sociolaboral.
  • O obxetivo é facilitar o acceso ao mercado de traballo, a través, dun acompañamento personalizado, ofertando todos os recursos precisos para que as/os alumnas/los concreten o seu proxecto persoal de inserción.
  • Levaránse a cabo as accións necesarias para coñecer cal é nestos momentos a situación persoal e profesional das/os usuarias/los, coa finalidade de identificar as posibilidades para acceder ao mundo laboral, deseñando os recursos de axuda necesarios para que cada unha/un poida acceder ao mercado laboral.
  • Empregaráse unha metodoloxía que parte das habilidades, actitudes e valores das/dos participantes e da súa transferibilidade ao mundo laboral. Partindo das necesidades individuais e os puntos de partida persoais desenvolveránse os itinerarios persoais de inserción.

PRÁCTICAS

Dentro dos itinerarios persoais de inserción contemplará realizar ensaios en condicións reais a partir das prácticas nas empresas.

As prácticas teñen como obxetivo:

  • Complementar a adquisición da competencia profesional conseguida no proceso formativo, mediante a realización dun conxunto de actividades identificadas como actividades productivas da empresa.
  • Adquirir a competencia profesional característica de cada especialidade e madurez profesional motivadora de futuros aprendizaxes e adaptacións ao cambio.
  • Evaluar os aspectos máis relevantes da competencia profesional adquirida polo alumnado e, en particular, acreditar aqueles aspectos da competencia precisa no emprego (expresado no perfil de cada especialidade) que non poida comprobarse no período de formación teórico-práctico por requerir situacións reais de produción ou prestación de servizos.
  • Adquirir o coñecemento da organización productiva corresponsal ao perfil profesional e ao sistema de relacións sociolaborais de entorno de traballo, co fin de facilitar a súa futura inserción profesional.

INTERMEDIACIÓN LABORAL

A fase de búsqueda de emprego e inserción do alumnado entendida como unha continuidade do proceso de desenvolvemento do itinerario personalizado de inserción.

O principal obxetivo é insertar aos participantes nun posto de traballo acorde coa formación recibida.

Promoveráse a contratación laboral mediante a realización de diversos contactos con empresas e entidades da comarca.