Beneficiarios/as

Á hora de establecer as persoas beneficiarias pártese de 4 premisas:

1. Na nosa cidade segue sendo necesario articular accións que favorezan a incorporación da muller ao mercado de traballo. A taxa de desemprego feminino en Santiago mantense próxima ao dobre que a masculina.

2. A chegada de emigrantes retornados continúa a súa tendencia alcista. Presentan importantes problemas de desarraigo e integración social, descoñecen as canles e os procedementos normais de acceso á formación e validación profesional, así como os mecanismos de integración laboral, sendo un colectivo cunhas características moi especiais:

  • Son persoas de mediana idade (35 - 55 anos)
  • Dispoñen de formación básica, pero non especializada
  • Teñen problemas de desarraigo e integración social
  • Posúen un notable perfil emprendedor
  • Existe un importante porcentaxe de mulleres no grupo

3. A mocidade continúa sendo o colectivo máis vulnerable, no proceso de transición á vida activa. Marcada pola falta de saídas profesionais nas formacións recibidas e en moitos casos pola débil cualificación e escasa profesionalización ou coñecemento da empresa e do mercado de traballo.

4. Os maiores de 45 anos que permaneceron longos períodos desempregados. Son colectivos para os que non existen medidas concretas e específicas de apoio e acompañamento á inserción que teñan en conta as súas especiaiss circunstancias personais, familiares e sociais. Este proxecto intenta pór unha solución á súa problemática e favorecer a súa inserción profesional

Por iso as persoas beneficiarias son persoas desempregadas incluídas nalgún dos seguintes colectivos con especiais dificuldades de inserción laboral:

  • Mozos/as menores de 30 anos
  • Maiores de 45 anos
  • Parados/as de longa duración
  • Persoas con discapacidad
  • Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade
  • Mozos/as que non superaron a ensinanza obrigatoria
  • Coidadores /as non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia
  • Inmigrantes / emigrantes retornados
  • Mulleres en xeral