COMO PARTICIPAR NO #FOROIE2014

O Foro da Intermediación e o Emprego é unha iniciativa da Axencia Local de Colocación (Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela) que ten como obxectivos:

1. Contribuír á dinamización do mercado laboral de Santiago de Compostela. 

2. Favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego. 

3. Informar sobre recursos e ferramentas útiles para a busca de emprego. 

4. Servir de punto de encontro entre empresas e demandantes de emprego. 

A participación no evento é completamente gratuíta, tanto para as empresas como para as persoas demandantes de emprego e a cidadanía en xeral.

SE ÉS UNHA EMPRESA

Motivos para participar no Foro da Intermediación e o Emprego:

1. Informar á cidadanía sobre a marca, valores e proxectos da compañía nun evento de ampla difusión. 

2. Interactuar con empresas, entidades sociais e cidadanía en xeral no marco dunha iniciativa integradora da realidade social da cidade que favoreza o fomento do emprego. 

3. Realizar presentacións da empresa nas que se especifiquen os perfís competenciais máis demandados, co obxectivo de informar ás persoas interesadas e favorecer un mellor axuste entre a oferta e a demanda. 

4. Facer uso do servizo de intermediación laboral permanente da Axencia Local de Colocación para a xestión de ofertas de emprego.  

5. Dispoñer de espazos acondicionados para a realización de entrevistas e/ou dinámicas de selección. 

Para obter máis información ou concretar o modo de participación da súa empresa no Foro contacte con nós no teléfono 981 543 060 ou ben no seguinte correo electrónico: axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.org

SE ESTÁS BUSCANDO EMPREGO

Motivos para participar no Foro da Intermediación e o Emprego: 

1. Obter información sobre recursos e ferramentas para a busca de emprego. 

2. Coñecer os requisitos e oportunidades de emprego no mercado laboral actual a través das presentacións de empresa e doutras actividades do Foro. 

3. Realizar actividades formativas para a mellora das competencias e cualificacións profesionais. 

4. Interactuar con entidades relacionadas co eido do emprego.