Da inicio o período de prácticas do Módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario de Condutor de transporte adaptado do programa Persoa V

Dende o día 1 de abril 12 alumnos/as (seis homes e seis mulleres) do itinerario de “Condutor/a especializado/a en transporte adaptado de persoas maiores e dependentes” está facendo prácticas profesionais non laboraris.

 

Estes 12 alumnos/as fan as prácticas no servizo de transporte e sanitario adaptado das seguintes entidades :

 

  • AGADEA, non centros de Santiago e Ribeira
  • COGAMI, no centro de mayores de Porto do Son.
  • Cruz Vermella  Santiago.
  • Ambulancias Casablanca
  • Ambulancias Vázquez

 

Aproveitamos para agradecer a colaboración de tódalas estas entidades.

 

Este módulo ten unha duración de 150 horas durante as cales o alumnado poderá poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a formación. Ao mesmo tempo, ao incorporarse a un entorno real de traballo,  tamén poderán mellorar as súas competencias transversais, tales como: traballo en equipo, habilidades comunicativas, capacidade de adaptación aos cambios, capacidades de resolución de problemas…

 

Este itinerario é un dos cinco que ata agora se están a desenrolar no programa PERSOA V.  Este programa e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.