Datos do paro en febreiro: Santiago de Compostela, Comarca e Provincia da Coruña

O paro rexistrado no *Concello de Santiago de Compostela* descendeu no mes
de febreiro un 1,06% con respecto ao mes anterior (99 desempregados/as
menos), sendo 9.232 as persoas inscritas como demandantes de emprego. En
canto á variación interanual, atendendo aos datos do mes de febreiro de
2013 (9.887 desempregados/as), rexistrouse un descenso do 6,62%.

Segundo a distribución por sexos o número de mulleres inscritas como
demandantes de emprego é lixeiramente superior ao de homes (o 51,52% fronte
ao 48,28%). A franxa de idade máis afectada polo desemprego en ambos sexos,
é a dos 30 aos 39 anos (en total supoñen case o 30% das persoas rexistradas
como desempregadas).

A evolución do paro rexistrado na *Comarca de Santiago de Compostela* amosa
unha redución do desemprego en 178 persoas con respecto ao mes anterior, o
que supón un descenso do 1,12% (de15.853 a 15.675 persoas inscritas no
paro), porcentaxe similar á da cidade de Compostela. En canto aos datos
globais da *Provincia da Coruña* o descenso do número de persoas
desempregadas é do 0,37% con respecto ao mes de xaneiro (de 109.813 a
109.407 persoas rexistradas), mentres que a variación interanual supón unha
redución do desemprego nun  5,38%.