Finaliza a impartición da Unidade de Competencia: “ Técnicas de soporte vital básico e de apoio ao soporte vital avanzado” dentro do Itinerario: “Condutor de transporte adaptado” do programa PERSOA V

 

Este venres día 28 de marzo rematou a Unidade de Competencia: “Técnicas de soporte vital básico de apoio ao soporte vital avanzado”do itinerario: “ Condutor de transporte adaptado” do programa PERSOA V.

 

Os obxectivos desta unidade foron formar ao profesional nas competencias precisas para:

  1. Identificar as carácterísticas da asistencia prehospitalaria
  2. Aplicar técnicas de valoración inicial ao paciente que permitan detectar signos de gravidade e aplicar procedimentos de soporte vital inmediatos
  3. Aplicar técnicas de soporte vital básico, optimizado, ante situacións de risco vital, segun o protocolo establecido.
  4. Realizar atención sanitaria básica ante diferentes situacións de emerxencia

 

Durante 100 horas de formación formouse ao alumnado nos seguintes contidos:

  • Asistencia prehospitalaria en urxencias ou emerxencias sanitarias
  • Bases anatómicas e funcionais dos principais órganos, aparatos e sistemas do corpo humán, aplicados á valoración inicial  do paciente en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria.
  • Diagnose do paciente en situación de emerxencia sanitaria.
  • Soporte vital básico.
  • Atención inicial ao paciente politraumatizado
  • Atención inicial as urxencias e emerxencias cardiocirculatoria e respiratorias
  • Atención inicial ante emerxencias neurolóxicas e psiquiátricas
  • Atención inicial ante emerxencias xesticionais e coidados ao neonato
  • Cumplimento da folla de rexistro acorde ao proceso asistencial do paciente e transmisión ao centro coordinador
  • Instrumentación e apoio ás técnicas de soporte vital avanzado
  • Medicación de emerxencia
  • Atención sanitaria a emerxencias colectivas
  • Clasificación das víctimas en emerxenias colectivas. Triaxe
  • Evacuación das víctimas a diferentes áreas asistenciais

 

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas


20140228_102151.jpg (106.97 Kb)

20140228_102716.jpg (94.37 Kb)

20140326_101841.jpg (114.46 Kb)