Foro da Intermediación e o Emprego 2015

Os días 29 e 30 de abril celebrarase o Foro da Intermediación e o Emprego.

É unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago (Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela), encadrado no programa  Pacto polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

 Ten como obxectivos:

  • 1. Contribuír á dinamización do mercado laboral de Santiago de Compostela.
  • 2. Favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego.
  • 3. Informar sobre recursos e ferramentas útiles para a busca de emprego.
  • 4. Servir de punto de encontro entre empresas e demandantes de emprego.

ºA participación no evento é completamente gratuíta, tanto para as empresas como para as persoas demandantes de emprego e a cidadanía en xeral.

 

SE ÉS UNHA EMPRESA

Motivos para participar no Foro da Intermediación e o Emprego:

  • 1. Informar á cidadanía sobre a marca, valores e proxectos da compañía nun evento de ampla difusión.
  • 2. Interactuar con empresas, entidades sociais e cidadanía en xeral no marco dunha iniciativa integradora da realidade social da cidade que favoreza o fomento do emprego.
  • 3. Realizar presentacións da empresa nas que se especifiquen os perfís competenciais máis demandados, co obxectivo de informar ás persoas interesadas e favorecer un mellor axuste entre a oferta e a demanda.
  • 4. Facer uso do servizo de intermediación laboral permanente da Axencia Local de Colocación para a xestión de ofertas de emprego.
  • 5. Dispoñer de espazos acondicionados para a realización de entrevistas e/ou dinámicas de selección.

Para obter máis información ou concretar o modo de participación da súa empresa no Foro contacte con nós no teléfono 981 543 060 ou ben no seguinte correo

 

SE ESTÁS BUSCANDO EMPREGO

Motivos para participar no Foro da Intermediación e o Emprego:

  • 1. Obter información sobre recursos e ferramentas para a busca de emprego.
  • 2. Coñecer os requisitos e oportunidades de emprego no mercado laboral actual a través das presentacións de empresa e doutras actividades do Foro.
  • 3. Realizar actividades formativas para a mellora das competencias e cualificacións profesionais.
  • 4. Interactuar con entidades relacionadas co eido do emprego.

Para máis información:

http://axencialocaldecolocacion.org/foro-del-empleo-2015/presentacion