Inicio do período de prácticas do Itinerario: “ Especialista xerontolóxico en asociacións e entidades do terceiro sector” do programa PERSOA V

Este luns día 31 de marzo comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario: “ Especialista xerontolóxico en asociacións e entidades do terceiro sector” do programa PERSOA V.

Hoxe presentáronse a seis alumnas nas entidades e empresas onde van a levar a cabo este módulo. En concreto na Residencia Sar Quavitae e na Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL).

Ao longo desta semana presentarase ao resto do alumnado nas diferentes empresas e entidades de acollida. En concreto, nas seguintes:

  • Residencia Fundación José Otero de Santiago xestionada por Geriatros.
  • Residencia de Ribeira de Geriatros
  • Centros de día de Dodro e Boiro do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
  • Residencia de Arzúa da Fundación San Rosendo.
  • Centro Sociocultural do Ensanche do Concello de Santiago de Compostela.
  • Asociación de Xubilados e pensionistas de Santiago (UDP)
  • Centro Sociocultural de Santiago da Fundación Novacaixagalicia.

 

Aproveitamos para agradecer a colaboración destas entidades có programa PERSOA V  acollendo a estas/os alumnas/os en prácticas.

 A fase de prácticas rematará o día 12 de xuño. Durante estas 250 horas o alumnado farán prácticas profesionais nas que poderán mellorar a súa empregabilidade afianzando as súas competencias profesionais.

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas