Inicio dunha nova edición do itinerario “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións e entidades do terceiro sector”

O día 25 de xuño comezou unha segunda edición do itinerario “ Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións e entidades do terceiro sector”

Ao longo deste itinerario, realizaránse:

  1. 310 Horas de formación
  2. 250 Horas de prácticas profesionais non laborais
  3. Unha fase de orientación e intermediación laboral

Os obxectivos da formación que se vai a impartir neste itinerario son:

  • Dotar ao alumnado de nocións sobre o que é o Terceiro Sector e a súa importancia como elemento de solidariedade cidadá.
  • Impartir contidos de Xerontoloxía.
  • Prover ao alumnado dunha idea ampla do que ten que ser a intervención con persoas dependentes ou en situación de fraxilidade pola súa situación física, psíquica

Nesta nova edición participan  quince persoas demandantes de emprego pertencentes a colectivos de difícil inserción laboral. (doce mulleres e tres homes)

O equipo docente estará composto por profesionais do sector: sociólogos, traballadores sociais, educadores sociais e auxiliares de clínica.

Este itinerario é un dos seis que ata agora se están a desenrolar no programa PERSOA V.  Este programa e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas