O Concello de Santiago de Compostela inicia a formación de 15 persoas como Especialistas en servizos de coidados a persoas dependentes a domicilio e en institucións

O Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela pon en marcha a formacion correspondente ao certificado de profesionalidade de Especialista en servizos de coidados a persoas dependentes no domicilio e institucións, que forma parte do itinerario de inserción do mesmo nome que esta desenvolvendose dentro do programa Persoa V, do cal se benefician 15 persoas.

Na actualidade estase a impartir a formación teórico-práctica correspondente á Unidade de Competencia “Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria e en institucións dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria”.

Esta unidade de competencia está composta polas seguintes unidades formativas:

  1. Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes.
  2. Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes.
  3. Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para persoas dependentes no domicilio.

A programación desta unidade de competencia comezou o día 7 de maio e rematará o día 6 de xuño.

A metodoloxía utilizada é a aprendizaxe de proxectos e por competencias: “aprender facendo”.

O obxectivo xeral é formar a profesionais capaces de atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario no domicilio e institucións onde se desenvolve a súa actuación, aplicando estratexias deseñadas pola equipa interdisciplinar competente para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna.

Dentro deste itinerario formativo impartiranse el número de horas de formación e de prácticas necesario para a obtención do certificado de profesionalidade no ámbito da atención sociosanitaria a persoas dependentes.

Hai que destacar que a partir de 2015 será necesario posuír o Certificado de Profesionalidade para poder traballar en este sector.