O Concello de Santiago de Compostela organizou unha visita didáctica a residencias da 3ª edade da cidade

Este mércores, día 29 de maio, o departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela organizou unha visita didáctica a dúas residencias da terceira  idade da cidade.

En dita visita participaron os 15 alumnos/alumnas da acción formativa que está a ser impartida na actualidade que ten por título: Especialista de servizos de cuidados a persoas dependentes en domicilio e institucións , encadrada dentro do proxecto Persoa V.

 

O programa da visita incluíu aos seguintes centros e institucións: 

  • Residencia Mirador Compostela, do grupo SERVISENIOR
  • Residencia Fundación José Otero,  gestionada por el GERIATROS

 

Os obxectivos que se buscaron coa visita foron: 

  1. Completar a formación teórico-práctica que se imparte nas accións formativas desenvolvidas dentro do programa.
  2. Facilitar ás persoas participantes nesta accióformativa  un primero achegamento aos centros de traballo e a contorna profesional en el que van a desempeñar en un futuro su trabajo como profesionales de la atención sociosanitaria a dependientes en instituciones. 

Na visita as persoas participantes tiveron a ocasión de coñecer as instalacións de cada un dos centros, as diferentes áreas e se lles explicou con detalle os protocolos de funcionamento e de traballo dos equipos interdisciplinares que integran o cadro de persoal de cada un dos centros. 

Dende o Concello de Santiago queremos dar as grazas a todo o equipo directivo e ao persoal técnico de ambas institucións pola atención e acollida recibidas.