O Concello de Santiago realiza un obradoiro de musicoterapia dentro do itinerario “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións de maiores e entidades do terceiro sector”

Dende día 24 de setembro o alumnado do itinerario: “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións de maiores e entidades do terceiro sector” está realizando as prácticas en distintas asociacións de maiores, residencias e centros de día.. En total 14 alumnos/as (11 mulleres e 3 homes).

Durante este período están desenvolvendo distintos obradoiros que teñen como obxectivo principal favorecer o envellecemento activo das persoas participantes.

Dentro de estes obradoiros desenvolveuse un de musicoterapia.

Este Taller de musicoterapia para persoas maiores con escaso ou inexistente nivel de deterioro cognitivo. Trátase de levar a cabo diferentes actividades relacionadas coa prevención e mantemento de áreas como a memoria, a atención, etc., utilizando a música como ferramenta de traballo

Os obxectivos son:

  • Mellorar a comunicación
  • Mellorar as relacións interpersonais.
  • Mellorar a atención e concentración
  • Estimular a memoria a curto e longo prazo
  • Mellorar a autoestima
  • Promover un estado de relaxación
  • Aumentar ou manter a forza muscular, mobilidade articular e resistencia física das extremidades superiores e inferiores.
  • Mellorar a coordinación.
  • Traballar a reminiscencia

 As sesión de musicoterapia divídense en tres partes: Calentamento, actividade principal e relaxación. Comézase cun calentamento, esta fase é preparatoria que sirve para adaptarse a sala de traballo aos estímulos sensoriais que poidan percibir nela. Tamén se traballa a motivación e explícase o que se vai a facer e porque. Acto seguido comeza a fase da actividade onde se desenvolven a actividade en si. Rematase a sesión cunha actividade que conduce á despedida do grupo.

Participantes: A este taller  asistiron 18 persoas das cales 14 son mulleres e un home. Os participantes oscilaron os 65-80 anos.

 

O curso de  Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector II, que se orienta a titulados de especialidades sociais (Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social…). Atende a facultalos a nivel teórico e práctico para una intervención específica con persoas maiores nunha clave comunitaria, sen excluír outros espazos pero privilexiando así o ámbito das asociacións e entidades que fan a estas una proposta de envellecemento activo.

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.