O DÍA 26 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO DO ITINERARIO : “ ESPECIALISTA NA DINAMIZACIÓN XERONTOLÓXICA EN ASOCIACIÓNS E ENTIDADES DO TERCEIRO SECTOR” DO PROGRAMA PERSOA V (15 PRAZ

Este día 26 de maio ábrese o prazo para que as persoas que reúnan os requisitos de acceso poidan presentar as solicitudes de inscrición para participar como alumno/a no itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións e entidades do terceiro sector do proxecto PERSOA V

Segundo as bases da convocatoria:

 

O prazo de inscrición é : Inicio 26 de maio de 2014, finalización o día 2 de xuño de 2014

Os Requisitos de acceso son :

  1. “Estar desempregada/o, inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, en calquera das oficinas de emprego de Santiago, coa tarxeta de demanda de emprego actualizada.
  2. Dispor dalgunha das seguintes titulacións: Diplomaturas en traballo social, Educación social, Licenciaturas Psicoloxía ou Psicopedagoxía”

A documentación que deben achegar: Xunto á solicitude, debidamente cuberta, compre achegar: tarxeta demandante de emprego, copia da titulación requirida,  copia do documento de identidade, curriculum vitae, documentos ou certificados acreditativos dos méritos alegados, e informe da vida laboral actualizado  a 23 de maio de 2014.

O lugar de presentación das solicitudes: En calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago de Compostela.

 

O programa PERSOA V é un programa desenrolado pola Concellería de Emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

En arquivo adxunto pode descargar o formulario de inscrición.