PRESENTACIÓNS DE EMPRESAS NO FORO DE INTERMEDIACIÓN E EMPREGO (FIE 2015)

Un ano máis, co obxectivo de proporcionar puntos de encontro entre empresas e demandantes de emprego desenvolveranse no FIE unha serie de presentacións de empresa co obxectivo de facilitar un mellor coñecemento do mercado laboral: actividade das empresas e perfís máis demandados.

O seu obxectivo é servir de enlace entre empresas de diferentes áreas profesionais e as persoas en busca de emprego. A asistencia permitirá coñecer de primeira man os actuais criterios de selección de que se serven as empresas na captación de traballadores.

Outro elemento importante é que as empresas enviarán directamente ás persoas responsables de RRHH.

O máis importante para espremer ao máximo as posibilidades que ofrecen as presentacións é informarte previamente de que empresas van acudir e que posibilidades ofrecen cada unha delas.

Cun pouco de planificación poderase sacar o máximo partido á visita e non só obter información., senón tamén deixar o teu currículo, cubrir os seus impresos de solicitude ou ter unha primeira entrevista persoal.

 O Foro da Intermediación e o Emprego é unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago (Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela), encadrado no programa  Pacto polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Para máis información:

http://www.axencialocaldecolocacion.org/presentation