O Proxecto “Persoa V” é un programa integral de inserción laboral de persoas desempregadas, subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Nace cun obxectivo global:

“Favorecer a integración laboral das/os desempregadas/os a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos xacementos de emprego, que contempla a perspectiva de xénero e a equidade ”.

A aposta pola consolidación e a ampliación do estado de benestar é tamén unha aposta polo emprego. Hoxe en día é xa unha realidade que a atención á dependencia constitúe un dos maiores xacementos de emprego nos países avanzados, se ben é certo que a cantidade e a calidade da atención require tamén cantidade y calidade de emprego.

Nesta liña, o Concello de Santiago, decidiu levar a cabo o PROXECTO PERSOA V, consistente nunha serie de accións formativas e de inserción, co obxectivo de xerar emprego, e incrementar o volume de servizos persoais á infancia, a persoas dependentes e a coidadores, así como mellorar a cualificación dos profesionais do sector dos servizos de axuda ás persoas en Santiago de Compostela. Consolidando unha oferta formativa especializada e actualizada nun sector en continua expansión, como é o de atención a las personas.

Os eixos do modelo de traballo que marcarán o “Proxecto Persoa V” son:

  • Integridade: abordamos e traballamos con programas integrais de inserción. Isto permítenos realizar unha análise completa da situación de partida de cada beneficiario/a, sopesando todas as variables, e achegándonos ás percepcións de cada alumna/o individualmente. Permitíndonos a súa vez ofrecer solucións globais para a súa integración laboral e social
  • Colaboración con entidades e asociaciacións do ámbito da atención ás persoas e a promoción sociolaboral: recoller e colaborar co máximo de experiencias posibles. Sumar esforzos, non reproducir esquemas anticuados, non repetir erros e sobre todo aproveitar as sinerxias do recoñecemento e o encontro, para innovar.
  • Colaboración coa empresa privada e entidades públicas prestadoras de servizos: cremos que este ten sido un dos aspectos máis innovadores do proxecto. Manter un contacto permanente coa realidade empresarial, das diversas especialidades do Proxecto, así como con outros sectores que se vexan afectados por elas. Todo iso co fin de xerar ideas e propostas de futuro, que incidan na mellora das actividades formativas e no aumento de recursos e capacidades do “Proxecto Persoa V” e profundizando no “labor mediador” da administración municipal, para a integración laboral das/os beneficiarias/os.