Realización de obradoiros de manualidades polas alumnas de “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións e entidades do terceiro sector”

Alumnas do itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións de maiores e do terceiro sector, levaron a cabo a realización de Obradoiros de Manualidades. 

Neles trataron de conseguir  que as persoas maiores que asistiron aos mesmos, ocuparan dunha maneira positiva o seu tempo libre, á vez que se lle ofreceu a oportunidade  de que  foran creativas  e  que  experimentasen cós distintos materiais e recursos que tiñan a súa disposición ( arcilla, papel de seda, cartolinas.....)


-  Os obxectivo destes obradoiros foron:

. Mellorar a psicomotricidade das persoas participantes mediante a realización de traballos de destreza manual.
- Favorecer o sistema cognitivo das participantes mediante a
realización de traballos de destreza manual.
- Fomentar  espazos de  encontro que fomentaran a socialización das/os
usuarios/as .


 O nº de asistentes foi variable, non en todas as clases  están o mesmo número,  a media e de cinco asistentes. Todos eles mulleres.

Este itinerario é un dos cinco que ata agora se están a desenrolar no programa PERSOA V.  Este programa e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas