Realización dunha visita didáctica a residencia da terceira idade Sar Quavitae San Lázaro

O día 26 de agosto o alumnado do itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector II, do programa PERSOA V, realizou unha visita didáctica a Residencia Sar Quavitae San Lázaro en Santiago de Compostela.

Está visita  é unha actividade incluída  na fase de formación. O seu obxectivo  foi que o alumnado tivese unha visión real do perfil profesional de animador/a sociocultural nunha residencia da terceira idade. Polo que durante a visita o alumnado percorreu as instalación do centro guiados polo persoal da dirección e ao rematar realizouse unha charla coloquio onde o persoal responsable da animación sociocultural informou e respondeu as preguntas e aclaracións do alumnado.

O curso de  Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector II, que se orienta a titulados de especialidades sociais (Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social…). Atende a facultalos a nivel teórico e práctico para una intervención específica con persoas maiores nunha clave comunitaria, sen excluír outros espazos pero privilexiando así o ámbito das asociacións e entidades que fan a estas una proposta de envellecemento activo.

Este segunda edición do itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector, comenzou o día 25 de xuño. Nel participan 15 persoas (3 homes e 12 mulleres) e  nestes momentos estase desenrolando a fase de formación que rematará o 23 de setembro.

Aproveitamos para dar as grazas á dirección de Sar Quavitae e ao resto do equipo pola súa acollida e dispoñibilidade.

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.