Relatorio: “Tes un sono? Coidaoo, Mímao, faino crecer e evoluciona con el”; de Verónica Ramallal

O día 29 de abril, dentro das actividades do FIE 2015, impartiuse o relatorio:

 

“Tes un sono? Coidaoo, Mímao, faino crecer e evoluciona con el”

Horario: 29 de 16:00 a 17:30 h.

Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

Relatora: Verónica Ramallal (Pekecha)

Contidos: 

Marca personal. Descubre o teu valor diferencial, conecta coa túa paixón, desenvólvea e posiciónaa no mercado. Traballando a túa empregabilidade. 

Traballarase o proceso de descubrir o noso valor diferencial, conectar co que nos fai de verdade vibrar, ser felices… convertilo nunha proposta de mercado diferenciada e vivir dela. No mercado actual só destacas se amas o que fas; só amas o que fas se conecta contigo. 

Este velatorio transmitiuse en streaming. Si queres visualizalo pincha na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=tmOZDTT1ero

 

O Foro da Intermediación e o Emprego foi unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago (Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela), encadrado no programa  Pacto polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas