Relatorios das Xornadas Técnicas: técnicas “Os programas operativos de emprego 2014-2020 e a garantía xuvenil no ámbito local”

Os días 29 e 30 de abril de 2015  celebráronse as Xornadas técnicas “Os programas operativos de emprego 2014-2020 e a garantía xuvenil no ámbito local” O día 29 tivo lugar a mesa de administracións públicas e axentes sociais e o día 30 a mesa administracións local e garantía xuvenil. Estas xornadas celebráronse no marco do Foro da intermediación e o emprego 2015 dentro do Pacto Local polo Emprego de Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

29/04/2015 Mesa de Administracións Públicas e Axentes Sociais. Xornadas realizadas no Foro da Intermediación e o Emprego, organizado pola Axencia Local de Colocación do Concello de Compostela. 
Relatores/as da Mesa de Administracións Públicas e Axentes Sociais: 
- Servicio de Empleo Público Estatal: Miguel Planas Roca (Director Provincial do SEPE da Coruña).
- Servizo de Emprego Público de Galicia: Ana Díaz (D.X. de Formación e Emprego, Consellaría de Traballo e Benestar).
- CEPYME: Gabriela Uriarte Taberna (Directora de Relacións Internacionais, Emprego e Formación)
- Cámara de Comercio de España - Juan Castillo Hernández (Responsable do Proxecto de Garantía Xuvenil).
- CC.OO.: Maica Bouza Seoane (Secretaria de Emprego e Relacións Institucionais do S. N. de CCOO de Galicia)
- UXT: Domingo Barros Montáns (Secretario de Formación e Emprego de UXT-Galicia)

Para ver os relatorios prema neste linck:

https://www.youtube.com/watch?v=c6Y6bE6Zm2A

30/04/2015 Mesa de Administración Local e Garantía Xuvenil. Xornadas realizadas no Foro da Intermediación e o Emprego, organizado pola Axencia Local de Colocación do Concello de Compostela.
Relatores/as da Mesa de Administración Local e Garantía Xuvenil:
- Concello de Gijón: Joaquín Miranda Cortina, Xefe do Departamento de Orientación Laboral. Axencia Local de Promoción Económica e Emprego. 
- Concello de Cartagena: María Eugenia Marí Alonso, Técnica de Formación e Inserción do Espazo Xoven da Concellaría de Xuventude. Mesa Técnica de Coordinación de Garantía Xuvenil do Concello de Cartagena 
- Concello de Santiago de Compostela: Xabier Ferreiro Campos, Responsable de Emprego da Axencia Local de Colocación.

Para ver os relatorios prema neste linck:

https://www.youtube.com/watch?v=aEfmdAifh4A