Relatorios: “Tes un sono? Coidaoo, Mímao, faino crecer e evoluciona con el”; “Como a túa identidade dixital pode prexudicarte ou beneficiarte”

O día 29 de abril, dentro das actividades do FIE 2015, realizaránse dous relatorios:

“Tes un sono? Coidaoo, Mímao, faino crecer e evoluciona con el”

Horario: 29 de 16:00 a 17:30 h.

Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

Relatora: Verónica Ramallal (Pekecha)

Contidos: 

Marca personal. Descubre o teu valor diferencial, conecta coa túa paixón, desenvólvea e posiciónaa no mercado. Traballando a túa empregabilidade. 

Traballarase o proceso de descubrir o noso valor diferencial, conectar co que nos fai de verdade vibrar, ser felices… convertilo nunha proposta de mercado diferenciada e vivir dela. No mercado actual só destacas se amas o que fas; só amas o que fas se conecta contigo. 

Para anotarse:

http://axencialocaldecolocacion.org/formacion/relatorio-tes-un-sono-coidao-mimao-faino-crecer-e-evoluciona-con-el-

 

“Como a túa identidade dixital pode prexudicarte ou beneficiarte

Horario:  de 18:00 a 19:30 h.

Relatora: Verónica Ramallal (Pekecha)

Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela)

Contidos:

Sabes o que queres...mais "És o que és?.... ¿ ou és víctima do que publicas?” Identidade dixital. A túa imaxe na rede condiciona máis do que cres á hora de atopar emprego.

 Para anotarse:

http://axencialocaldecolocacion.org/formacion/relatorio-como-a-tua-identidade-dixital-pode-prexudicarte-ou-beneficiarte

O Foro da Intermediación e o Emprego é unha iniciativa da Axencia Local de Colocación de Santiago (Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela), encadrado no programa  Pacto polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas