Remata a fase de prácticas na 2ª edición do itinerario: “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións de maiores e entidades do terceiro sector”

Este día 2 de decembro finalizou a fase de prácticas do itinerario: “Especialista en dinamización xerontolóxica de asociacións de maiores e entidades do terceiro sector”, que se ven desenvolvendo polo departamento de Emprego do Concello de Santiago.

En total 13 alumnos/as (10 mulleres e 3 homes) remataron a fase de prácticas, que tiveron unha duración de 250 horas.

Durante esta fase o alumnado poido desenvolver os seus coñecementos, destrezas e actitudes nun entorno real de traballo. Demostrando que posúen as competencias profesionais (o saber, o saber facer e o saber estar) idóneas para o perfil profesional no cal  desenvolveron as prácticas.

O obxectivo principal das prácticas foi mellorar a súa empregabilidade afianzando o autocoñecemento das súas competencias profesionais e así ganar seguridade e autoconfianza como profesionais que lles facilite saír airosos dunha entrevista de traballo. Ao mesmo tempo ampliando os seus contactos para ter unha rede colaborativa de busca de emprego que lles permita coñecer postos que moitas veces non se publicitan nas canles habituais. Finalmente durante esta fase, poideron amosarlle aos responsables de RRHH das empresas de acollida a súa valía como profesionais de cara a futuros procesos de selección que poidan ter.

O curso de  Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector II, que se orienta a titulados de especialidades sociais (Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social…). Atende a facultalos a nivel teórico e práctico para una intervención específica con persoas maiores nunha clave comunitaria, sen excluír outros espazos pero privilexiando así o ámbito das asociacións e entidades que fan a estas una proposta de envellecemento activo.

Este segunda edición do itinerario de Especialista en dinamización xerontolóxica de entidades do terceiro sector, comenzou o día 25 de xuño. Nel participan 15 persoas (3 homes e 12 mulleres)

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Aproveitamos para dar as grazas ás empresas/entidades de acollida:

  • Residencia San Lázaro SAR QUAVITAE
  • GERIATROS Santiago
  • Complexo Xerontolóxico O Castro
  • Residencia San Simón de Ons
  • Residencia Volta do Castro
  • Residencia Servisenior Santiago
  • Centro de día de Oito a Oito
  • Centro de día Afundación
  • Centro de día ATENDO Calidade
  • Centro de día Más Vivir