Remata a formación da unidade de competencia de mantemento de fontaneria impartida detro do Proxecto Persoa V

Os alumnos e alumnas que se están a formar como especialistas en servizos xerais de limpeza e mantemento de centros xerontolóxicos, remataron este mercores día 5 de xuño a formación na Unidade de Competencia mantemento de fontanería e calefacción.

Ao longo de 50 horas de formación teórico práctico formáronse nos seguintes módulos:

  1. Montaxe de tubarias de ferro e cobre, localización e reparación de avarías.
  2. Substitución de aparatos sanitarios sinxelos.
  3. Substitución de grifería sinxela.
  4. Localización e reparación de atranques en sumideiros
  5. Mantemento de instalacións de calefacción. Nestes momentos continúan coa formación na que se irán impartindo as diferentes Unidades de Competencia que os dotarán dos coñecementos e destrezas básicas para un adecuado mantemento do edificio e os seus equipamentos

 

O Departamento de emprego do Concello de Santiago dentro do proxecto Persoa V, cofinanciado co FSE, está a formar a 15 alumnos/as no itinerario especialista nos servizos xerais de mantemento e limpeza de centros xerontolóxicos.

Os obxectivos son:

1. Que o alumnado ao rematar este itinerario formativo sexa capaz de realizar as tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario seleccionando as técnicas, productos e máquinas para garantir a hixiene, conservación e mantemento.

2. Que o alumnado deberá quedar capacitado para reparar pequenas avarías nos edificios e nas súas instalacións, realizando traballos sinxelos de albanelería,electricidade, fontanería, calefacción, carpintería, pintura, empapelado. De modo que nin a utilización do edificio ni os servizos queden interrumpidos, e que en caso de avarías de maior envergadura, realice as primeiras reparacións de urxencia ata que chegue o profesional que as repare totalmente


mantemento3.JPG (185.85 Kb)

mantemento2.JPG (189.34 Kb)