rematou a formación teórica e práctica do módulo formativo: “Operacions de mantemento preventivo do vehículo e control da súa dotación material”

O día 14 de febreiro rematou a formación teórica e práctica do módulo formativo: Operacions de mantemento preventivo do vehículo e control da súa dotación material” que se viña desenvolvendo dentro do itinerario formativo “Conductor especializado de transporte adaptado”. Dita acción formativa está organizada polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela e iniciouse en  20 de decembro de 2013 dentro do Programa Persoa V. 

 

Neste itinerario participaron coma beneficiarias 15 persoas, 6 homes e 9 mulleres.

 

O obxectivo do módulo foi impartir a formación teórico-practica necesaria para que as persoas participantes acadaran os coñecementos necesarios para desenvolver traballos de mantemento a operatividade do vehículo, verificando e chequeando os elementos mecánicos, eléctricos e de seguridade do vehículo segundo a folla de revisión diaria.

 

O programa PERSOA V e unha acción desenrolada polo Departamento de emprego do Concello de Santiago de Compostela e  pertencente ao proxecto Pacto Polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.