Xornadas “Os Programas Operativos de Emprego 2014-2020 e a Garantía Xuvenil no ámbito local: Oportunidades e Retos”

Os días 29 e 30 de abril celebraránse en Santiago de Compostela as Xornadas : “Os Programas Operativos de Emprego 2014-2020 e a Garantía Xuvenil no ámbito local: Oportunidades e Retos”.

 

Están xornadas están organizadas polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela e encádranse dentro Pacto polo Emprego Santiago subvencionado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Operativo “Adaptabilidade e emprego” a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Para anotarse :

http://axencialocaldecolocacion.org/formacion/jornadas-los-programas-operativos-de-empleo-2014-2020-y-la-garantia-juvenil-en-el-ambito-local

 

CONTEXTUALIZACIÓN:

A taxa de desemprego da poboación de 16 a 64 anos en España, aumentou do 8,3% no 2007 ata o 26,5% no 2013, cunha converxencia das taxas de homes e mulleres. 

 Ademais coa prolongación da recesión económica, unha porcentaxe crecente de desemprego é de longa duración (ata o 58,5% no 2013). Entre as persoas paradas de longa duración, o 65% leva en paro mais de dous anos. 

A incidencia da crise no mercado de traballo español foi significativamente mais dañina que noutros países europeos. Como consecuencia, produciuse unha diverxencia notable nas taxas de ocupación e de paro respecto da media da UE, que se acadara no 2007. 

Por outro lado, as persoas mozas menores de 25 anos representan un dos grupos de poboación mais afectados pola situación de crise. A Enquisa de Poboación Activa, no 2014, sinalaba que de un total de 4.048.300 persoas mozas de 16 a 24 anos que había en España, 833.200 estaban non ocupadas e non estaban recibindo educación nin formación. 

As principais causas das altas taxas de desemprego xuvenil, son: alta taxa de abandono escolar; polarización do mercado de traballo; escaso peso relativo da Formación Profesional de grao medio; escasa empregabilidade das persoas mozas; alta temporalidade e alta contratación parcial. 

Os programas Operativos do FSE polo Emprego teñen como fin último apoiar a redución da taxa de desemprego en España a través da mellora das cualificacións e o fomento da contratación e o autoemprego, orientándose cara o cumprimento dos obxectivos e prioridades establecidas na Estratexia UE 2020. 

A innovación social considerase un principio horizontal dos Programas Operativos de Emprego. Como consecuencia procurarase que en cada obxectivo especifico se poñan en marcha estratexias que faciliten a posta en marcha de solución innovadoras coa participación de actores locais.

OBXECTIVOS: 

Posibilitar un achegamento ao marco de actuación dos programas Operativos de Emprego e a Garantia Xuvenil. Abordas o papel que deben desempeñar os diferentes axentes implicados na posta en marcha dos Programas Operativos de Emprego e a Garantia Xuvenil. Mostrar a aportación das entidades locais á inserción laboral dos mozos. Abrir o diálogo e o intercambio de experiencias entre os actores implicados na implementación de actuacións para a mellora da orientación, a empregabilidade, o emprendemento e a contratación.

PROGRAMA

MIÉRCOLES 29 DE ABRIL DE 2015

  • 11:30 a 11:45 h. Apertura da Xornada. Reyes Leis Rodríguez, Concelleira de Economia, Emprego, Comercio e urismo do Concello de Santiago de Compostela
  • 11:45 a 13:30h. Mesa Administracións Públicas e Axentes Sociais.
    - Servicio de Empleo Público Estatal - Miguel Planas Roca (Director Provincial do SEPE da Coruña).
    - Servizo de Emprego Público de Galicia - Ana Díaz (D.X. de Formación e Emprego, Consellaría de Traballo e Benestar).
    - CEPYME - Gabriela Uriarte Taberna (Directora de Relacións Internacionais, Emprego e Formación)
    - Cámara de Comercio de España - Juan Castillo Hernández (Responsable do Proxecto de Garantía Xuvenil).
    - CC.OO. - Maica Bouza Seoane (Secretaria de Emprego e Relacións Institucionais do S. N. de CCOO de Galicia)
    - UXT - Domingo Barros Montáns (Secretario de Formación e Emprego de UXT-Galicia)

XOVES 30 DE ABRIL DE 2015

  • 11:30 a 13:00 h. Mesa de Administración Local y Garantía Xuvenil.
    - Concello de Xixón. Joaquín Miranda Cortina, Xefe do Departamento de Orientación Laboral. Axencia Local de Promoción Económica e Emprego.
    - Concello de Cartagena. María Eugenia Marí Alonso, Técnico de Formación e Inserción do Espacio Xoven da Concellaría de Xuventud. Mesa Técnica de Coordinación de Garantía Xuvenil do Concello de Cartaxena
    - Concello de Santiago. Xabier Ferreiro Campos, Responsable de Emprego da Axencia Local de Colocación